
Ao 94% dos consumidores preocúpalles cada vez máis levar unha dieta sa, pero só o 49% cre que a súa compra é saudable
- As verduras, hortalizas e froita fresca non faltan nunca na cesta da compra de sete de cada dez consumidores enquisados pola Escola de Alimentación EROSKI
- O 60% recoñece adquirir habitualmente alimentos menos saudables como precociñados, doces, bollería e snacks, entre outros
- As opinións sobre si encher a cesta da compra con alimentos máis saudables require máis tempo e dedicación ou non, están igualadas
- O 68% dos consumidores consultados cre que unha cesta da compra saudable é un 29% de media máis cara
Elorrio, 14 de marzo de 2014.- Aos consumidores españois preocúpalles a súa dieta, segundo revela un estudo sobre hábitos á hora de realizar unha compra saudable que realizou a Escola de Alimentación EROSKI a través dunha enquisa online a máis de 1.250 consumidores en todo o territorio español.
O 94% deles recoñece que dun tempo para acó lles inquieta levar unha dieta sa e equilibrada. A pesar diso, só o 49% cre que os produtos que compra habitualmente son sempre saudables, o 51% restante cre que só o é ás veces. Seis de cada dez consumidores enquisados consideran que os alimentos da súa cesta da compra son agora máis sans que os de hai uns anos.
Os frescos, os alimentos saudables preferidos
O 77% das persoas consultadas asegura que entre a súa elección de compra saudable adoita adquirir con asiduidade alimentos de tempada. Unha porcentaxe que ascende até o 83% en canto aos alimentos frescos.
A lista de alimentos saudables que non faltan na cesta da compra dos consumidores encabézana as verduras e hortalizas frescas que declaran adquirir habitualmente o 79% deles. Séguenlles as froitas no 68% das cestas da compra. O 30% incorpora os legumes como un alimento saudable indispensable na súa cesta e o 21%, os lácteos desnatados e o peixe branco.
Os alimentos nutricionalmente mellorados tamén forman parte da alimentación saudable dos consumidores. En concreto, o 60% dos participantes no estudo asegura que os alimentos ricos en fibra non adoitan faltar na súa cesta da compra. O 57% tamén inclúe aqueles sen graxas saturadas e o 54% sen azucres engadidos.
Seis de cada dez consumidores que participaron na enquisa recoñece que a súa cesta inclúe habitualmente alimentos menos saudables como precociñados, doces, bollería e snacks, entre outros.
O prezo dunha cesta da compra saudable
As opinións sobre si encher a cesta da compra con alimentos máis saudables require máis tempo e dedicación están equilibradas. O 49% dos enquisados aseguran que si o require e apuntan como motivo principal que os produtos saudables non están dispoñibles nunha única tenda. Ademais, consideran que require unha lectura minuciosa da etiquetaxe e coñecementos sobre nutrición. En contraposición, a metade dos consumidores considera que non leva nin máis tempo nin esixe maior dedicación.
O 68% dos consumidores opina que unha cesta da compra saudable costa máis e estiman que é un 29% de media máis cara. Só un 8% cre que é máis barata e o 23% considera que costa o mesmo.
Iniciativa ‘Carro saudable’
O programa “EROSKI, Pola túa Saúde” promove un patrón de alimentación saudable xunto á fundación Dieta Mediterránea, a AED-N (Asociación Española de Dietistas e Nutricionistas) e as marcas de fabricante Danone, Kellogg’s, Nestlé e Pascual.
Unha das claves para conseguir unha alimentación equilibrada é a selección dos produtos no momento da compra. Por iso, EROSKI, no marco do seu compromiso coa saúde e o benestar dos consumidores puxo en marcha unha nova edición da iniciativa ‘Carro Saudable’ ao longo de marzo para promocionar o consumo de alimentos favorecedores dunha dieta equilibrada.
A campaña consiste no sorteo de 600 carros compostos por produtos que axudan a coidar a alimentación, combinando alimentos baixos en sal e graxas das marcas colaboradoras e da marca propia EROSKI Sannia con frescos da marca EROSKI Natur.
Esta iniciativa desenvólvese en toda a súa rede de hipermercados e supermercados EROSKI e inscríbese ademais, no conxunto de medidas que a cooperativa adoptou co fin de promover hábitos saudables entre os consumidores. Entre elas, destaca o Semáforo Nutricional, a retirada das graxas trans procedentes de aceites vexetais parcialmente hidrogenados en todos os produtos de marca propia ou a súa ampla gama de produtos aptos para intolerancias alimentarias.
