Aprende en familia
Aprender en familia é un dos mellores xeitos de compartir tempo de calidade, descubrir novas experiencias e adquirir hábitos que nos acompañan ao longo da vida. Aquí atoparás actividades, recursos e iniciativas pensadas para gozardes xuntos, aprenderdes facendo e converterdes cada momento nunha oportunidade para medrar en familia.
Imagine Food
Imagine Food é un concurso de debuxo que organizamos dende a Fundación Eroski e Eroski para transmitir a idea de que alimentarse de xeito saudable tamén é divertido.
Para nós axudar a educar os nenos e nenas en torno á alimentación saudable é un obxectivo primordial e o mellor xeito de facelo é a través de actividades lúdicas e divertidas, como este concurso.
Recursos educativos
Recursos para axudar a transmitir do modo máis divertido e didáctico a importancia de levar unha vida sa