Chef familia
Unha experiencia para cociñar, aprender e compartir en familia xunto aos profesionais de Basque Culinary Center.
Que é Chef familia?
Chef Familia é unha oportunidade única para aprender, compartir e crear lembranzas inesquecibles arredor da mesa. Desenvolvida en colaboración con Basque Culinary Center, celébrase no GOe - Gastronomy Open Ecosystem, o seu hub de innovación gastronómica, situado en Donostia - San Sebastián. Xunto a chefs profesionais, nenos e nenas de entre 9 e 12 anos e as súas familias prepararán e degustarán un delicioso menú, mentres descobren novos sabores, técnicas culinarias e hábitos de alimentación saudable.
Proximamente
- Incorporar hábitos saudables dun xeito práctico e divertido.
- Aprender a valorar os produtos locais e de tempada e a facer unha compra máis responsable.
- Descubrir sabores, ingredientes e alimentos que se cadra aínda non coñecemos.
- Gozar dun tempo especial en familia compartindo unha mesma experiencia.
Cal é o reto?
Prepararse para converterse nun auténtico equipo de cociña. Guiados por profesionais, teredes que superar diferentes desafíos:
- Elaborardes un delicioso menú composto por gyozas de verduras, guiso de peixe de tempada e espetada de froitas con crema de noces.
- Pórdes en práctica as vosas habilidades.
- Colaborardes para acadar o mellor resultado.
Prazas limitadas por obradoiro.