Calculadora de calorías
Aplicación para previr a obesidade entre os alumnos de Educación Primaria e Secundaria, posto que os permite coñecer as calorías presentes nos diversos alimentos.
Descrición
Calculadora de calorías é unha aplicación para teléfonos móbiles e tabletas que permite traballar cos escolares dos últimos cursos de Primaria, e tamén cos de Secundaria, as diferentes densidades calóricas contidas nos alimentos. Esta aplicación permite coñecer, no momento, cantas calorías conteñen 1.900 alimentos diferentes, entre os cales figuran algúns das comidas rápidas máis consumidos por algúns escolares, como son a bollería industrial e as hamburguesas. Esta aplicación pódese usar nas leccións de alimentación saudable nas escolas, como ferramenta para a prevención da perigosa obesidade infantil entre o alumnado destas idades.
Valores que traballa
Alimentación saudable e prevención da obesidade infantil e xuvenil