Ir o contido principal
Estudo

Como comemos?

Subtitulo
Análise do consumo de alimentos e bebidas desde unha perspectiva nutricional

O estudo “Como comemos?” analiza o consumo e o gasto en alimentos e bebidas en España desde unha perspectiva nutricional, utilizando os datos do Panel de Consumo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) para os anos 2022 e 2024.

Obxectivo

O obxectivo principal é avaliar como se axusta a dieta real dos españois ás recomendacións nutricionais, identificar tendencias e diferenzas territoriais, e propor áreas de mellora tanto para consumidores como para axentes do sector alimentario e administracións públicas.

Mujer joven empujando carrito de compras y la elección de la botella de zumo en la sección de supermercados de comestibles

Análise

A primeira parte do informe céntrase na análise territorial, desglosando os datos por Comunidades Autónomas. Estúdase a composición da dieta segundo a Pirámide de Alimentos, diferenciando entre categorías de consumo máis recomendado (froitas, hortalizas, legumes, froitos secos, peixe, etc.) e menos recomendado (produtos procesados, doces, bebidas alcohólicas, etc.). Mídese a evolución do consumo e do gasto, o impacto da inflación e os cambios no mix de produtos elixidos polos fogares.

 

Diferentes productos como fondo, vista superior. Alimentación saludable y dieta equilibrada

Resultados, concluciones e recomendacións

Entre os principais achados destaca que, aínda que a maioría do gasto e do volume consumido corresponde a alimentos recomendados, ningún grupo de alimentos alcanza as cantidades mínimas recomendadas polas guías nutricionais, especialmente en froitas e hortalizas, froitos secos, legumes e peixe. Ademais, existe unha notable dispersión entre Comunidades Autónomas, tanto no grao de cumprimento das recomendacións como na evolución dos patróns de consumo. Navarra e País Vasco lideran o consumo de alimentos saudables, mentres que Murcia e Canarias presentan os valores máis baixos e tendencias preocupantes. 

O estudo tamén analiza a variación de prezos entre 2022 e 2024, observando que a inflación e o axuste no mix de consumo incrementaron o gasto medio por persoa, aínda que o consumo en quilos descendeu. Conclúese que comer máis san non necesariamente implica un maior custo, e que existe marxe para mellorar a dieta sen aumentar o gasto.

Finalmente, o informe ofrece recomendacións xerais e específicas para consumidores, industria alimentaria, sector da distribución e administracións públicas, orientadas a fomentar unha alimentación máis saudable, equilibrada e sostible. Sublíñase a importancia de aumentar o consumo de froitas, hortalizas, legumes e peixe, reducir o de produtos procesados e azucarados, e mellorar a educación alimentaria e a información ao consumidor.