
A partir de 2022 QUEDA PROHIBIDA A PUBLICIDADE DIRIXIDA MENORES DE 16 ANOS DE ALIMENTOS CONSIDERADOS POUCO SAUDABLES

- Trátase de produtos alimenticios industriais cunha elevada cantidade de calorías e ricos en azucres
O Ministerio de Consumo anunciou que o executivo aprobará un Real Decreto que entrará en vigor a partir de 2022 e cuxo obxectivo será limitar a publicidade de alimentos e bebidas prexudiciais para a saúde dirixida a menores de 16 anos.
O Ministerio de Consumo optou por fixar como criterio de medición os perfís nutricionais establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para limitar a publicidade a menores de 16 anos de certas categorías de alimentos. En concreto, a nova norma regula os anuncios de pastelaría, xeados, zumes, bebidas enerxéticas, bebidas, snacks ou salsas con azucres engadidos, ou preparados con máis de 225 kcal por cada 100 g. Para todos estes alimentos tamén se prohibe a publicidade en todos os que conteñen máis de 0,1 gramos de sal por cada 100 gramos.
Desta maneira, os anuncios publicitarios destes produtos deixaranse de emitir en "calquera programa emitido en horario de protección reforzada a menores", e tampouco poderán anunciarse en canles de televisión infantís, en radios xeneralistas con elevada audiencia de menores de 16 anos, en Internet, en redes sociais, en aplicacións con contidos, en medios impresos ou en seccións dirixidas a este grupo da poboación.
No que se refire á programación televisiva non se poderán emitir anuncios de luns a venres de 08.00 a 09.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e sábados, domingos e festivos de 09.00 a 12.00 horas.
