
EROSKI colabora nun proxecto europeo para o desenvolvemento de alimentos máis sostibles

- O proxecto RIS Straight 2 Market (S2M) está cofinanciado polo Instituto de Innovación e Tecnoloxía EIT FOOD
- EROSKI colaborará coa empresa vasca Jakion nunha receita mellorada dunha nova salsa de tomate/boloñesa
- O proxecto conta coa participación de consumidores a través de talleres para testar a nova receita antes da súa comercialización
EROSKI participa no proxecto de innovación agroalimentaria europeo RIS Straight to Market (RIS S2M) co obxectivo de axudar as pequenas e medianas empresas locais, novas empresas e empresas en expansión a levar aos mercados principais produtos alimenticios novos ou altamente mellorados desde o punto de vista nutricional ou sostible.
Trátase dunha iniciativa cofinanciada por EIT Food, co apoio do Instituto Europeo de Innovacion e Tecnoloxía (European Institute of Innovation and Technology - EIT), un organismo da Union Europea. EIT Food é a principal iniciativa de innovación alimentaria de Europa, que traballa para facer que o sistema alimentario sexa máis sostible, saudable e confiable.
EROSKI colabora nesta iniciativa xunto á empresa vasca Jakion que se dedica á elaboración de conservas naturais e innovadoras de alta calidade nutricional transformando as froitas e verduras de forma artesanal para os novos consumidores.
O proxecto desenvolvido por ambas as empresas, e que se alargará durante os próximos 8 meses, consistirá na elaboración dunha nova salsa de tomate/boloñesa sen azucares engadidos, sen espesantes, cun contido reducido de graxa e un contido mínimo de sal, o que contribuirá á mellora no estado nutricional e de saúde do consumidor.
Co fin de coñecer a opinión dos consumidores sobre o novo produto, EROSKI organizou varios encontros nas últimas semanas. Os participantes contribuíron a axustar a receita da salsa a través de actividades creativas e de intercambio de coñecementos, ademais de achegar novos conceptos de alimentos frescos para familias con nenos.
O proxecto contempla así mesmo a futura comercialización da receita final desta nova salsa saudable e sostible a través da rede comercial de EROSKI no País Vasco, Cantabria e Navarra.
Sobre EIT Food
EIT Food é a comunidade de innovación alimentaria máis grande e dinámica do mundo. Acelera a innovación para construír un sistema alimentario preparado para o futuro que produza alimentos saudables e sostibles para todos.
Co apoio do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT), un organismo da Unión Europea, EIT Food inviste en proxectos, organizacións e individuos que comparten obxectivos comúns para un sistema alimentario saudable e sostible, desbloquea o potencial de innovación en empresas e universidades, e crea e escala novas empresas agroalimentarias para levar novas tecnoloxías e produtos ao mercado. O instituto equipa a empresarios e profesionais coas habilidades necesarias para transformar o sistema alimentario e pon aos consumidores no centro do seu traballo, axudando a xerar confianza ao reconectarlos coas orixes dos seus alimentos.
EIT Food é unha das nove comunidades de innovación establecidas polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT), un organismo independente da UE establecido en 2008 para impulsar a innovación e o espírito empresarial en toda Europa.
Compromiso de EROSKI coa innovación e o medio ambiente
A innovación forma parte da identidade de EROSKI desde as súas orixes cun obxectivo que se mantén intacto ao longo do tempo: ofrecer as mellores solucións e respostas aos seus clientes. Co cliente no centro da súa estratexia de innovación, as súas prioridades céntranse en xerar unha experiencia de compra cada vez máis rápida, fácil e personalizada, así como no desenvolvemento de novos produtos e marcas distintivas e de solucións que permitan promover a alimentación e os hábitos de vida saudables e sostibles.
Comprometida co medio ambiente, EROSKI traballa para manterse no grupo líder do sector na redución do impacto ambiental do plástico. O seu obxectivo é alcanzar para 2025 unha redución de polo menos o 20% das toneladas de plásticos dun só uso dos seus envases.
