Observatorio da Obesidade Infantil

Observatorio da Obesidade Infantil

O proxecto do Observatorio da Obesidade Infantil persegue obter un indicador dinámico da prevalencia de sobrepeso e obesidade infantil en España.

Hoxe contamos con datos de prevalencia de obesidade infantil obtidos mediante medicións puntuais levadas a cabo como parte de Estudos de diferente alcance (rexionais ou estatais). Porén, non existe un indicador mantido no tempo que achegue o dato de prevalencia de sobrepeso e obesidade infantil a nivel de España, CC.AA. ou poboacións locais.

Un indicador dinámico, con medicións semestrais ou anuais, sobre a mesma poboación axudaría as Institucións e Organizacións a coñecer, de xeito máis axustado, o alcance do problema de saúde pública que supón o sobrepeso e a obesidade infantil, así como a determinar o grao de efectividade das medidas que se puidesen pór en marcha para reducir as devanditas taxas de prevalencia de sobrepeso e obesidade infantil.

 

Enquisa Nutricional da Poboación Española sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación

Eroski, a través da Fundación Eroski, é dende hai anos pioneira entre as Organizacións que dedican os seus esforzos a previr a obesidade infantil. En 2015 a Fundación Eroski realizou o estudo máis extenso levado a cabo en España para determinar a prevalencia do sobrepeso e a obesidade infantil en cada CC.AA. Trátase da “Enquisa Nutricional da Poboación Española sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación” (ENPE) onde se puña en evidencia a alta taxa de obesidade infantil:
 

“A prevalencia de obesidade en España en poboación infantil e xuvenil é do 22,8 % e se a esta cifra lle sumamos a porcentaxe de nenos e nenas con sobrepeso, a cifra total está próxima ao 50 %”


Estes datos víronse referendados por estudos posteriores como o recente Estudo Aladino promovido dende o Ministerio de Consumo en 2019 onde se viu que máis do 40 % da poboación infantil en España ten sobrepeso ou é obesa.