Observatorio da Obesidade Infantil

Observatorio da Obesidade Infantil
Estudio DYNAMIC

Fundación Eroski, no seu firme propósito de contribuír á promoción dun estilo de vida saudable, pon en marcha DYNAMIC, unha acción de medición e seguimento periódico da prevalencia de sobrepeso e obesidade infantil en España.

A través dos centros educativos participantes no programa Energía para Crecer e Elige Bueno, Elige Sano, lévanse a cabo medicións do Índice de Masa Corporal e outros indicadores a alumnos/as de entre 6 e 12 anos.

O noso obxectivo

Obter un indicador dinámico da prevalencia de sobrepeso e obesidade infantil que permita:

  • Pór a disposición da sociedade un indicador, dinámico e mantido no tempo, da prevalencia de sobrepeso e obesidade en diversas comunidades autónomas. Este indicador será útil para as institucións e organizacións, para coñecer de xeito máis axustado o alcance deste problema de saúde pública.
  • Informar os centros educativos colaboradores da prevalencia de obesidade e sobrepeso nas súas aulas, co fin de promover accións de coidado da saúde do alumnado adaptadas a cada situación.

Historia do Observatorio de Obesidade Infantil

2015 – Enquisa Nutricional da Poboación Española sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación

Fundación Eroski desenvolveu o estudo máis extenso levado a cabo en España para determinar a prevalencia do sobrepeso e a obesidade infantil en cada CCAA.  Trátase da “Enquisa Nutricional da Poboación Española sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación” (ENPE) que evidenciou a alta taxa de obesidade infantil:

“A prevalencia de obesidade en España en poboación infantil e xuvenil é do 22,8 % e se a esta cifra lle sumamos a porcentaxe de nenos e nenas con sobrepeso, a cifra total está próxima ao 50 %”

Estes datos víronse referendados por estudos posteriores como o Estudo Aladino (2019) promovido dende o Ministerio de Consumo onde se viu que máis do 40 % da poboación infantil en España ten sobrepeso ou é obesa.

2019 - Piloto Dynamic

Movidos pola convicción de que un indicador dinámico (con medicións anuais sobre a mesma poboación) axudaría as Institucións e Organizacións a coñecer de xeito máis axustado o alcance do problema de saúde pública que supón o sobrepeso e a obesidade infantil, Fundación Eroski puxo en marcha un piloto en Getxo, coa participación de cinco centros educativos, para establecer as bases do estudo Dynamic.

2021- Dynamic na actualidade

Dynamic, é un estudo de carácter transversal, cuxas medicións anuais de IMC achegan coñecemento sobre a prevalencia da obesidade e sobrepeso infantil nas Comunidades Autónomas participantes. Os datos son achegados por distintos centros educativos, que reciben un informe da prevalencia personalizado co que promover accións nas súas aulas adaptadas á súa realidade.