
A ESCOLA DE ALIMENTACIÓN DA FUNDACIÓN EROSKI, NO ARABA EUSKARAZ 2021

Dentro da axenda de actividades, a Escola de Alimentación organizou un curso de cociña para mostrar de forma lúdica hábitos de alimentación saudable a nenos e nenas
Llodio acolleu o pasado 20 de xuño a 41 edición do Araba Euskaraz con Laudio Ikastola como anfitrioa. Unha xornada na que se fixo realidade a lema “Zabal Bideak”, unha “apertura de camiños” coa que o centro educativo quixo abrir as portas ao eúscaro, a un novo modelo educativo e ao pobo que a acolle.
A Escola de alimentación da Fundación Eroski participou no Araba Euskaraz 2021 cun curso de cociña que tivo lugar no Xardín da Casa de Cultura. Un taller para nenos e nenas que, de forma lúdica e divertida, pretende divulgar os hábitos de alimentación saudable e a importancia de levar unha dieta sa.
Foi unha xornada participativa e, ao mesmo tempo, adaptada á situación marcada pola covid-19. A organización dividiu as actividades en dous grandes espazos para que os asistentes puidesen participar nas diferentes actividades programadas: talleres, actuacións musicais, de teatro, de daza, feira con produtos de produtores locais, etc.
Llodio xa foi testemuña de catro citas do Araba Euskaraz (1983, 1993, 2000 e 2011), un evento que é o mesmo tempo reivindicativo e festivo. A recadación de fondos obtidos servirá para a adecuación de espazos que necesita a renovación pedagóxica que levan a cabo na ikastola, promover iniciativas que abran os espazos ao pobo e dotar ao centro de recursos cos que financiar plans de atención á diversidade e a inclusión.

