FUNDACIÓN EROSKI DUPLICA O NÚMERO DE PARTICIPANTES NO PROGRAMA EDUCATIVO EN ALIMENTACIÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

  • 512 centros escolares inscribíronse ao programa, un 67% máis ca no primeiro trimestre 2014-2015
  • O programa, que inclúe visitas a produtores agroalimentarios, ofreceu preto de 600 obradoiros este trimestre, un 20% máis con respecto ao mesmo período do pasado ano
  • O programa amplía este curso os materiais dispoñibles en formato audiovisual para facilitar o acceso a este e facérllelo máis atractivo e útil aos menores

Elorrio, 28 de decembro do 2015.- Preto de 40.000 escolares de entre 6 e 12 anos participaron en España no Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS) da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI durante este primeiro trimestre do curso escolar. O programa duplica así o número de participantes con respecto ao mesmo período do pasado ano. Dende o comezo deste curso, 512 centros educativos de todas as comunidades autónomas inscribíronse no programa, un 67% máis ca no primeiro trimestre escolar 2014-2015.

Esta nova edición ofrécelles aos alumnos e mais aos profesores de Educación Primaria novos contidos, máis actividades e obradoiros prácticos. Ademais, o PEAHS amplía tamén este curso os materiais dispoñibles en formato audiovisual para facilitar o acceso a este e facérllelo máis atractivo e útil aos menores. O programa configurouno un Comité Científico formado por profesionais de diferentes disciplinas: medicina e pediatría, nutrición e dietética, psicopedagoxía e pedagoxía.

"Dende a Fundación EROSKI, conscientes do crecemento da taxa de obesidade infantil, puxemos en marcha este programa no 2012 co obxectivo de promover a alimentación e os hábitos de vida saudables entre os escolares. Ano tras ano o programa medra e mellora os seus contidos a partir das valoracións e achegas realizadas polos docentes que xa o impartiron", sinala Alejandro Martínez Berriochoa, director da Fundación EROSKI. No curso 2014-2015 triplicouse practicamente o número de participantes, con máis de 70.000 escolares inscritos de 900 escolas de toda España.

Novos contidos xunto á Fundación Española do Corazón

Cun formato baseado en sesións teóricas na aula escolar e obradoiros prácticos, o Programa Educativo en centros escolares inclúe esta edición novos contidos co obxectivo de contribuír a unha mellor formación dos alumnos en alimentación sa e hábitos de vida saudables. Deste xeito, inclúese unha nova sesión -'Come e coida o teu corazón'-, desenvolvida en colaboración coa Fundación Española do Corazón (FEC). "Parécenos importante transmitirlles aos estudantes dende idades novas a incidencia que ten sobre a nosa saúde manter unha correcta alimentación", afirma Alejandro Martinez Berriochoa. O contido das sesións estará dispoñible tamén en vídeo este ano.

Nas clases prácticas os alumnos poñen en práctica o aprendido nas sesións teóricas. Neste primeiro trimestre de curso o programa ofreceu preto de 600 obradoiros, un 20% máis con respecto ao mesmo período do pasado ano. "Os estudantes visitan algún dos nosos supermercados e hipermercados, onde fan a compra para elaborar un menú saudable. Na última edición pechada (2014-2015) desenvolvéronse máis de 1.200 obradoiros en 180 establecementos", indica o director da Fundación EROSKI.

As clases prácticas inclúen ademais o obradoiro 'Os produtos da miña Terra', que permite que os menores coñezan de primeira man nas instalacións de produtores agroalimentarios a orixe dos alimentos da súa rexión e comproben a importancia que ten a produción local. Este novo obradoiro de produtores agroalimentarios está dispoñible en formato audiovisual na nova edición do programa educativo na web http://energiaparacrecer.escueladealimentacion.es/gl/os-produtos-da-mina-terra

As escolas interesadas en participar no PEAHS durante o curso 2015-2016 pódense inscribir a través de www.escueladealimentacion.es ou no teléfono de atención 94 6072841.