VIII Encontro Escola de Alimentación Fundación Eroski

Paixón pola vida. O segredo para unha madurez plena e saudable
O oitavo encontro da Escola de Alimentación de Fundación EROSKI profundou na importancia de adquirir hábitos de vida saudables e unha alimentación equilibrada. Esta vez centrado na madurez, etapa da vida onde se producen unha serie de modificacións no corpo, tanto a nivel estrutural como funcional, que dan lugar a necesidades específicas de alimentación e hábitos de vida.
A Xornada, “Paixón pola vida. O segredo para unha madurez plena e saudable”, transmitiu a oportunidade que supón vivir esta etapa da vida con paixón xa que a felicidade está intimamente ligada a levar unha vida saudable e activa.
Na Xornada participaron expertos en áreas como a Nutrición, a Psicoloxía, a Saúde, a Sociología, a Actividade Física, etc… E presentouse tamén o libro “Paixón pola vida. Guía práctica de estilos de vida saudables na madurez”


