2015 – Enquisa Nutricional da Poboación Española sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación
Fundación Eroski desenvolveu o estudo máis extenso levado a cabo en España para determinar a prevalencia do sobrepeso e a obesidade infantil en cada CCAA. Trátase da “Enquisa Nutricional da Poboación Española sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación” (ENPE) que evidenciou a alta taxa de obesidade infantil:
“A prevalencia de obesidade en España en poboación infantil e xuvenil é do 22,8 % e se a esta cifra lle sumamos a porcentaxe de nenos e nenas con sobrepeso, a cifra total está próxima ao 50 %”
Estes datos víronse referendados por estudos posteriores como o Estudo Aladino (2019) promovido dende o Ministerio de Consumo onde se viu que máis do 40 % da poboación infantil en España ten sobrepeso ou é obesa.
2019 - Piloto Dynamic
Movidos pola convicción de que un indicador dinámico (con medicións anuais sobre a mesma poboación) axudaría as Institucións e Organizacións a coñecer de xeito máis axustado o alcance do problema de saúde pública que supón o sobrepeso e a obesidade infantil, Fundación Eroski puxo en marcha un piloto en Getxo, coa participación de cinco centros educativos, para establecer as bases do estudo Dynamic.
2021- Dynamic na actualidade
Dynamic, é un estudo de carácter transversal, cuxas medicións anuais de IMC achegan coñecemento sobre a prevalencia da obesidade e sobrepeso infantil nas Comunidades Autónomas participantes. Os datos son achegados por distintos centros educativos, que reciben un informe da prevalencia personalizado co que promover accións nas súas aulas adaptadas á súa realidade.