Imagine Food

Imagine Food
Non deixes escapar a 4ª Edición do concurso!

Que é Imagine Food?

Imagine Food é un concurso de debuxo que organizamos dende a Fundación Eroski e Eroski para transmitir a idea de que alimentarse de xeito saudable tamén é divertido.

Para nós axudar a educar os nenos e nenas en torno á alimentación saudable é un obxectivo primordial e o mellor xeito de facelo é a través de actividades lúdicas e divertidas, como este concurso.

En que consiste o reto?

Esta edición, animamos os nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias, a crear e debuxar unha receita saudable para calquera das 5 comidas do día (almorzo, media mañá, comida, merenda ou cea). É dicir, un prato que lles permite crecer de xeito saudable! Tan sinxelo como debuxar esa receita e mandarnos o debuxo.

Con dous ingredientes básicos -alimentos saudables e unha boa dose de imaxinación-, demostraredes que cociñar e comer san pode ser moi divertido.

Podes gañar un fantástico premio!

Haberá 6 familias gañadoras! Dúas por cada categoría (6-8 anos; 8-10 anos; 10-12 anos). Cada familia gañadora recibirá unha estancia de fin de semana familiar en San Sebastián cun curso de cociña para entusiastas en Basque Culinary Club, e un patinete para o/a neno/a.

Participa na 4ª edición!

Anteriores edicións

Xogando con cores, sabores e texturas é posible crear pratos máis apetecibles e que axuden a incorporar nutrientes saudables na nosa dieta.

Agora podes descargar os libros das edicións anteriores do concurso.

Os libros de receitas Imagine Food foron elaborados a partir dos máis de 4.000 debuxos recibidos de nenos e nenas de toda España.

Agardamos que vos dean ideas para cociñar en familia!